Castañas, artesanía, música e diversión no IX Magosto e VI Mostra de Artesanía de Laxe

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

Varias agrupacións tradicionais puxeron música á xornada

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A banda de gaitas Maruxía, as pandereteiras Andainas da Asociación de Amas de Casa de Laxe, o grupo Andora e fórona os encargados de pór ambientación musical ao IX Magosto e VI Mostra de Artesanía de Laxe, celebrado este domingo no pavillón. Non faltaron as castañas e as bebidas quentes, pero tampouco a diversión con xogos, obradoiros, demostracións e inchables. Vinte artesáns participaron na mostra.