Nova preselección de deportistas de Balonmán Xiria coa autonómica

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Adestrarán este domingo en Moaña e A Estrada

15 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Nove nenos e nenas das Escolas Balonmán Xiria están chamados aos diferentes adestramentos de cada unha das súas respectivas categorías para este domingo coa preselección galega correspondente. Súmanse así á convocatoria de Fernando Vázquez como seleccionador autonómico do combinado xuvenil masculino. Son as infantís Leticia Santos e Duna Barca; os infantís Xurxo Fraga, Pablo Veiga e Érik Vázquez; os cadetes Martín Fuentes e Julián García, e os xuvenís Álex Gómez, Dani Mallo e Julio Ferreiro. Adestrarán en Moaña e A Estrada.