O Melga, nunhas xornadas sobre ludotecas en Teruel

La Voz

CARBALLO

Tamén estivo Ricardo Pérez e Verdes nun congreso en Castelló

14 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Se non é guiando a grupos de decenas de estudantes, é participando en xornadas de xogos tradicionais ou en congresos por todo o país: o Melga e, na súa representación, o seu director, Ricardo Pérez e Verdes, non para.

O director e presidente da fundación estivo presente nas Xornadas nacionais de ludotecas, xogos e deportes, que tiveron lugar na vila de Albarracín, na provincia de Teruel; ademais de en un congreso internacional en Castelló.

Participou activamente o Melga, así mesmo, nunha tarde de xogos tradicionais na sede da Fundación Eduardo Pondal no Couto.