Néstor Rego pide que se compense á ría de Corcubión por servir de abrigo a buques

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O candidato nacionalista visitou Cee esta pasada fin de semana

06 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O candidato nacionalista Néstor Rego anunciou na súa visita a Cee a iniciativa inmediata de propor ao Goberno que a Costa da Morte reciba unha compensación económica ao servir a ría de Corcubión de abrigo natural de buques que pasan polo corredor de Fisterra, «o que conleva un risco medioambiental que debe ser compensado en forma de axudas», sinalou Rego visitou o porto de Brens e os terreos da antiga Sicar, e instou a Xunta a que non permita o «intento de segregación» de Ferroatlántica. Acompañárono Serxio Domínguez e César Pérez.