Estatuto especial

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

04 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As estatísticas sempre delatan a nosa situación de vagón de cola, en renda, en emprego, en infraestruturas e, en suma, en desenvolvemento. Cada vez que soltan os datos sobre os ingresos dos cidadáns, a Costa da Morte, como noutros aspectos, aparece por baixo da media de Galicia. Unha razón máis que potente para que as Administracións varias, desde a local, pasando pola provincial, a autonómica e a central extremen os investimentos neste recuncho e aplíquenlle un estatuto especial para evitar o seu progresivo vaciamiento.