Calviño volveu vencer na última proba do nacional de autocrós a pesar de ser xa campión

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA

O equipo de Yacar Racing despediu unha brillante tempada

04 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O equipo de Yacar Racing despediu a tempada ao grande a pasada fin de semana no circuíto Cerro Negro de Talavera de la Reina, en Madrid, coa disputa da última proba do campionato de España de autocrós. O cercedense Perfecto Calviño, a pesar de ser xa campión de División I desde a anterior carreira, logrou a súa sexta vitoria das oito citas disputadas, mostrando un dominio absoluto sobre o resto de rivais. É o seu sétimo cetro.

En Carcrós, o carballés Javier Ramilo, Kobas, chegou á xornada final cunha remota opción ao título, pero unha picada e a rotura dun palier nas clasificatorias, enviáronlle á final B, na que foi segundo. Xa na A, concluíu noveno, o que o sitúo na terceira posición na clasificación xeral. Na mesma modalidade, o cercedense Darío Calviño gañou a final B e rematou duodécimo a A.

Para rematar, en Carcrós Promoción, o larachés Daniel Remuiñán fíxose co subcampeonato da proba, posto que ocupou tamén na táboa final do campionato no seu debut.

A escuadra con base en Culleredo, pero de raíces cercedenses, logrou máis bos resultados con outro dos seus pilotos, tamén no ralimix Concello do Porriño. Foi o fin dunha tempada que eles describen como «brillante».