O mercado laboral da Costa da Morte perde 275 postos de traballo netos en só dous meses

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

A taxa de paro repuntó en 104 persoas en setembro

03 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O verán xa finalizou e non só desde o punto de vista climatolóxico, senón tamén económico. E por desgraza antes de tempo. E é que o mercado laboral da Costa da Morte sufriu senllos reveses en apenas 60 días. En agosto, por primeira vez desde que estalou a crise, a taxa de paro repuntó en 104 as persoas inscritas nas oficinas de emprego. E a mensaxe que deixan os resultados do mes de setembro tampouco son precisamente alentadores.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Economía, Industria e Emprego, nos últimos 30 días destruíronse outros 171 postos de traballo netos, a unha media de case 6 ao día.

Entre agosto e setembro perdéronse a friorenta de 275 empregos netos. E iso, pese ao esforzo dalgúns concellos por potenciar as iniciativas públicas, como A Laracha, onde esta semana arrincou un taller formativo de seis meses de duración, con 16 persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

E como adoita ser habitual nos últimos anos, o sector terciario, e en concreto a hostalería, é o que máis emprego destrúe. De feito, dos 16 concellos que conforman a Costa da Morte en só en dous reduciuse o desemprego: Coristanco e Carballo. Chama a atención os últimos datos e a evolución da capital de Bergantiños, que se converteu na locomotora á hora de crear emprego, ou polo menos, en non destruír o que xa existe. O tecido empresarial carballés é un referente sobre a que se asenta gran parte do mercado laboral.

Outro concello que regateou como puido a perda de emprego en setembro foi Cerceda, onde O Acevedo ten moito que dicir. No resto de municipios predominan os número vermellos. É preocupante o que sucede nas comarcas se Soneira e Fisterra, que, en termos xerais, parecen afastarse cada día un pouco máis do eixo económico que representa a cornixa atlántica, que enlaza desde A Coruña e o porto exterior con Arteixo, A Laracha e Carballo.