Un ferido leve nun accidente na Vázquez de Parga de Carballo

La Voz

CARBALLO

ANA GARCIA

Víronse implicados catro vehículos. Un condutor foi trasladado ao PAC

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Poucos antes das 16.00 horas de onte produciuse un accidente na rúa Vázquez de Parga de Carballo no que se viron involucrados catro vehículos. Segundo transcendeu, un deles impactou cun camión e, despois, contra outros dous turismos situados no lado contrario da vía. Por sorte, non cruzaba ningún outro nese momento. O condutor do primeiro foi trasladado ao PAC carballés, en principio ferido leve.