O CMUS carballés dá por iniciado o curso co concerto de benvida

La Voz

CARBALLO

ANA GARCIA

As clases, con todo, non comezarán ata o luns

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que as clases non darán comezo oficialmente ata o luns da semana que vén, o Conservatorio Profesional de Música de Carballo deu onte o pistoletazo de saída ao curso 2019 /2020 por medio do tradicional concerto de benvida, celebrado no auditorio do Pazo dá Cultura.

Abriron o acto o dúo formado por Rafael Espido, clarinete, e Eduardo Coma, con violín, e xuntos interpretaron o tema Marlia, composto polo propio Coma.

Pola súa banda, o peche correu a cargo de Mª Paz Fernández, ao piano; Rafael Espido, con clarinete, e, de novo, Eduardo Coma, tamén tocando o violín. O tema elixido foi, nesta ocasión, Ferrocarril tango, de Ilya Mishchenkov.

De cara á organización deste curso que está por comezar, xa foron fixados os horarios de iniciación musical. Para o primeiro curso, correspondente a 6 anos, o primeiro grupo acudirá de 16 a 16.45 horas; o segundo, de 17.30 a 18.15. Para o segundo curso, de 7 anos, ao primeiro grupo tócalle de 16.45 a 17.30; e ao segundo, de 18.15 a 19.00 horas.