Pechadas as inscricións na carreira de Cabana e na BTT larachesa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Un total de 821 persoas anotáronse á Carreira Popular Dolmen de Dombate, mentres que á Marcha BTT polas Cabeceiras do Anllóns acudirán 264 deportistas

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As anotacións para a sexta Carreira Popular Dolmen de Dombate, en Borneiro (Cabana), que se disputará mañá sábado, día 21, a partir das 17.00 horas, xa están pechadas. En total, inscribíronse 821 persoas. A maior parte para as probas longas, a de 3.000 metros (261) e a de 10.000 (264).

Por outra banda, o domingo celebrarase a Marcha BTT polas Cabeceiras do Anllóns, na Laracha (saída do Agra de Leborís), que chega xa á súa undécima edición. Neste caso, os anotados son 264, a gran maioría para o tramo longo de 45 quilómetros, cun desnivel de 1.200 metros. O curto é de 35 quilómetros, e desnivel de 900 metros.