Unha nova edición de Feirauto, a 44.ª, ponse en marcha en Baio

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

A última edición, celebrada o pasado mes de xuño, saldouse con 26 vehículos vendidos. Hoxe (20.00) será o acto de presentación oficial nas Torres do Allo

19 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As Torres do Allo acollerán esta tarde, ás 20.00 horas, o acto de presentación da 44.ª edición de Feirauto: acudirán representantes dos talleres participantes, así como representantes do Concello de Zas. Será o arranque da cita, que se prolongará desde mañá ata odomingo . Durante esas xornadas, os concesionarios abrirán as súas portas de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, ofrecendo vehículos de ocasión e seminuevos, de todos os estilos, e con importantes descontos. Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Talleres Graíño e Automóbiles Celmar toman parte na proposta: quen se acheguen a eles recibirán unha rifa coa que entrarán no sorteo de 300 euros en combustible, repartidos en vales de 50 cada un.