O Paiosaco salva un punto nun insulso partido na Coruña

CARBALLO

ANA GARCÍA

Goleada do Fisterra a domicilio e derrota do Laracha en casa fronte ao Ribadeo

16 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Cando menos, insulso. Así foi onte pola tarde na Coruña o partido da cuarta xornada de Terceira xogado polo Silva e o Paiosaco, que acabou con empate a un gol.

Os locais adiantáronse ao fío dos 20 minutos de encontro por medio de Joni Silva e o empate dos laracheses chegou antes de tomar o camiño aos vestiarios, ao anotar Eiroa de penalti.

Iso foi todo o destacado dun choque, no que tampouco pode citarse nada máis parecido a unha ocasión de gol. Unicamente un barullo na área do que dispuxo o Silva no primeiro tempo, pero tampouco chegou a nada.

As reducidas dimensións do terreo de xogo tamén contribuíron a que se vise un partido moi dominado polas defensas, con escasos espazos para ver accións meritorias de cara á portería rival.

Preferente

O outro representante do municipio en categorías superiores, o Laracha de Preferente volveu deixarse os puntos. Esta vez caeu en casa ante o Ribadeo (0-1), cun solitario gol de Criss no minuto 12.

Ben distinta foi a imaxe do Fisterra que lle endosou un 0-3 a domicilio ao Lemos. Marcaron ademais tres dos referentes ofensivos do equipo. Capelo, no minuto 20; o recentemente chegado Taboada, no 52, e Mackay, no 72. Os fisterráns, con sete puntos xa, deixan claro que non viñeron á categoría de visita. Pensan quedar.

?Damián; Lema, Xusto, Fiuza, Cata; Joni Fila, Sergio, Parafita, Kike Sil; Tomei e Fabián. Entraron na segunda metade Iván Riveiro, Rojo e Kun.

?

Lama; Aythami, Popi, Beto, Iriso; Samu, Pablo, César, Otero; Eiroa e Juan de Dora . Tamén xogaron despois do descanso, que entrou no minuto 25 por Pablo, lesionado; Nico e Jamallo.

Goles: 1-0, min. 19: Joni Fila e 1-1, min. 43: Eiroa.

Árbitro: Rubén Estremadura Hernández. Bastante ben. Nesta ocasión pasou desapercibido.

Incidencias: Partido da cuarta xornada de Terceira División disputado no campo A Grela I.