Fernando Álvarez de Sotomayor

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

15 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fernando Álvarez de Sotomayor e Zaragoza naceu en Ferrol en 1975 e faleceu en Madrid en 1960. A súa vida profesional está sobre todo ligada a Madrid, e en concreto ao Museo do Prado, do que foi director en tres etapas, a última desde o final da Guerra Civil ata a súa morte. Tamén deixou pegada na Escola de Belas Artes de Santiago de Chile, onde tamén foi director, e ademais deu vida á chamada Xeración de 1913, tamén coñecida como Xeración Sotomayor. E tamén en Italia, onde logrou altas distincións, o mesmo que en España ou Chile.

A súa vida persoal está relacionada, sobre todo, coa súa casa: o pazo de Sergude, en Xornes, Ponteceso, onde pintaba e onde captou a esencia de paisaxes e veciños da zona.