Faleceu o construtor Ovidio Fondo Blanco , da Piolla, Cabana

OBITUARIOS | Morreu así mesmo a nai do axente forestal e exedil de Zas Juan Camafreita


carballo / a voz

O construtor Ovidio Fondo Blanco faleceu onte aos 61 anos. Era da Piolla, en Nantón (Cabana), estaba casado e tiña dous fillos. O funeral serás esta tarde, ás 18.00, na igrexa de Nantón, con enterro a continuación no cemiterio parroquial. A saída do tanatorio San Antonio da Agualada será ás 17.40 horas.

Morreu a nai do axente forestal e o exedil Juan Camafreita

María del Carmen Pastoriza Tomei, de 75 anos e veciña de Meanos (Zas), faleceu onte. María del Carmen era a nai de Juan Camafreita, axente forestal do distrito de Vimianzo e exconcelleiro do PP de Zas. Camafreita é presidente da Asociación Efa Fonteboa de Coristanco, entidade coa que leva moitos anos colaborando.

María del Carmen Pastoriza vélase no tanatorio de Baíñas (Vimianzo) e o enterro é hoxe ás 12. Os actos fúnebres serán na igrexa de Meanos.

También ~en La Voz

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Comentarios

Faleceu o construtor Ovidio Fondo Blanco , da Piolla, Cabana