Máis esforzo

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

11 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Avanzouse, pero hai moitos veciños da Costa da Morte que aínda non saben que facer co aceite doméstico. Salvo excepcións, os servizos en marcha non son do todo eficaces, a información é insuficiente e aínda queda tarefa que realizar en moitos concellos. Estes residuos son altamente contaminantes e xeran moitos problemas e custos de depuración. Unha pena, porque, ben xestionados, son facilmente reciclables.