Unha decena de niños de velutina son inaccesibles para Protección Civil da Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Un veciño de Xoios, en Lendo, leva tres semanas agardando a que lle retiren un niño xunto á súa casa

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un veciño de Xoios, en Lendo, denunciou que leva tres semanas agardando a que lle retiren un niño de velutina que hai xunto á súa casa, nun piñeiro. Trátase un dos casos que teñen pendentes os membros de Protección Civil, que están buscando un guindastre ou a axuda dun leñador para poder acceder á colmea e retirala. Todas se atopan a gran altura e o servizo carece de medios para chegar a elas. Dáse a casualidade de que a este veciño lle pasou o mesmo o ano pasado, aínda que entón o niño estaba nun carballo.