O Aquapark de Cerceda, abarrotado nun xoves de calor

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

JORGE PARRI

Seguirá aberto ata o 1 de setembro, en principio o día fixado para peche de tempada

23 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O día de verán de onte, con cálidas temperaturas, levou a numerosas persoas ata o parque acuático de Cerceda, o Aquapark, auténtica referencia na comunidade. Aberto desde as 12.00 ata as 20.00 horas, permite gozar dun bo número de atraccións, en principio ata o 1 de setembro, final de tempada.