Sufocan un incendio no hotel O Hórreo de Corcubión

La Voz

CARBALLO

PROTECCIÓN CIVIL DE CORCUBIÓN

O lume iniciouse na leña apilada na chaira do interior

21 ago 2019 . Actualizado ás 20:15 h.

Un incendio, presuntamente intencionado, obrigou a actuar aos voluntarios de Protección Civil de Corcubión e Cee e aos bombeiros do parque de Cee. O aviso produciuse sobre as sete menos cuarto da tarde deste mércores no antigo Hotel O Hórreo. O lume iniciouse na leña apilada nunha chaira situada no interior do antigo complexo. A rápida intervención dos equipos de urxencias evitou males maiores.