Propostas para este mércores na Costa da Morte: ¡axenda!

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ZAIRA PALLAS

Ademais do teatro en Cee hai outras opcións nesta xornada, e para públicos variados

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • A axenda diaria trae varias citas este mércores, ademais da obra de teatro prevista en Cee:

Cabana

Taller con tapóns

11.30 horas • A biblioteca María Baña acolle un obradoiro para nenos: deben levar 20 tapóns de plástico para poder efectualo. Actividade gratuíta, sen inscrición.

Carballo

Bioblitz en microreservas

De 10.30 a 13.30 • Citas do programa Eu Quero a Razo e Baldaio. Quen se acheguen (quedada xunto á caseta de socorrismo de Baldaio) poderán a aprender a coñecer e rexistrar as especies vivas deste ecosistema dunar.

Cine en Artes

22.00 horas • Nova proxección ao aire libre: toca «Ferdinand», en colaboración coa entidade Aquelarre. Parte do Verán Cultural.

Malpica

Salto en tirolina

De 16.00 a 23.00 • Segue no porto a segunda tirolina portátil máis longa de España, con actividade en horario de tarde ata o venres. Sábado e domingo, todo o día.

Vimianzo

«Historia Viva»

12.00 e 17.00 • Visitas guiadas, respectivamente, ao castro das Barreiras, e ao castelo vimiancés, onde se poden ver así mesmo varios oficios artesáns en vivo.

Ponteceso

San Bernaldo da Graña

Todo o • día Pasacalles cos gaiteiros de Inllar; misa ás 13.00; sesión vermú co grupo D'Festa e verbena con Bomba e esta formación.