Moitas frontes

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

13 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que os propietarios de terreos libres non opinarán o mesmo, xa foi un éxito no seu día evitar a construción masiva, da que algunha vez se falou. Agora toca preparar o futuro. Non é só competencia local, porque o POL autonómico establece moitas restricións, e ademais Costas (a estatal) xa ten o seu propio proxecto, pero polo menos desde o Concello fan os deberes. Que non sexa tarde, e a ver se impera o consenso.