O cercedense Miguel Loureiro ficha polo Andorra de Piquei

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O lateral dereito chega procedente do Córdoba

09 ago 2019 . Actualizado ás 16:24 h.

O ata agora lateral dereito do Córdoba en Segunda, Miguel Loureiro (Cerceda, 1996), acaba de fichar polo Andorra de Piquei, que comprou a praza do Reus en Segunda B, descendido por problemas económicos. Deste xeito, o da parroquia de Rodís rescindiu o ano de contrato que quedaba dos tres polos que asinou no verán do 2017. De todos os xeitos, o ascenso administrativo do club que é propiedade do barcelonista está envolvido en polémica tras ProLiga (asociación de clubs de Segunda B e Terceira) presentar un recurso ante o Consello Superior de Deportes.

Miguel Loureiro formouse nas Escolas Luís Calvo, no Bergantiños, no Deportivo e no Celta . Xogou co filial do Pontevedra e deu o salto ao primeiro equipo en Segunda B.