Fin de semana en grao sumo deportiva e variado en Bergantiños

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Ciclismo, atletismo e automobilismo son algunhas das propostas

10 novs 2019 . Actualizado ás 19:54 h.

Ciclismo de estrada e de montaña, atletismo e andaina, e automobilismo, son as cinco modalidades deportivas que ofrece a comarca de Bergantiños esta fin de semana a través da celebración de senllas probas.

A primeira en arrincar será as 12 Horas BTT Carballo, hoxe, ás 9.00 horas, nun circuíto de 10 quilómetros debuxado sobre o polígono de Bértoa. No décimo aniversario desta cita organizada pola asociación local Media Ducia, coa colaboración do Concello, bateuse a marca de inscritos cuns 250 corredores.

Seguiralle o Trofeo 4x4 Extremo de España coa celebración da terceira proba no Complexo A Base Motor Club (Artes, Carballo), un equipamento de máis de 35 hectáreas dedicadas ao motor, cuxos circuítos xa están en funcionamento. Os 18 equipos inscritos tomarán a saída do prólogo ás 13.00 de hoxe, para conseguir a mellor posición posible na saída da carreira que se dará ás 16.00. A competición retomarase mañá, ás 10.00.

Xa en horario de tarde, terá lugar a cita máis multitudinaria, polo menos en participantes: a cuarta Carreira Popular do Apóstolo en Vilaño, A Laracha. Preto duns 950 atletas e afeccionados ás andainas anotáronse á cita que ofrece diversas formas de participación con desde as 17.50, no Adro de Vilaño, ata última hora da tarde.

Para rematar, o Concello de Coristanco organiza para mañá o seu Día dá Bicicleta, con saída desde a casa consistorial ás 11.30, dirección ao Refuxio de Verdes, e volta.