Motoristas de diversos países comezaron a aventura no norte de Polonia
07 jul 2019 . Actualizado ás 21:07 h.O nome desta actividade, organizada por italianos, vénlle porque na súa primeira edición rematou en Xibraltar. Con todo, este ano tivo a meta no Fin do Mundo. Un centenar de participantes de distintos países chegaron a Fisterra este sábado tras partir do norte de Polonia o día 21 do pasado mes de xuño. Uns sete mil quilómetros.