Gran festa infantil de fin de curso na praia do Ézaro, o día 26 de xuño

La Voz

CARBALLO

ALVELA

É necesario presentar unha autorización dos pais, para o que hai de prazo ata o día 21

17 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Dumbría coordina para o 26 de xuño unha festa infantil de fin de curso na praia do Ézaro. Celebrarase de 11 a 17 horas e haberá todo tipo de actividades deportivas, das que poderán gozar nenos a partir dos 4 anos. É necesario entregar unha autorización dos pais ou adultos responsables nas casas culturais ou nas oficinas municipais, para o que hai de prazo ata o vindeiro venres, 21 de xuño.