A xornalista Alba Mancebo, pregoeira do Asalto ao Castelo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

JOSE MANUEL CASAL

Para escoitar as súas palabras, non hai máis que achegarse o propio día da festa, 6 de xullo, ás 20.00 horas

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado 6 de xullo • 20.00 horas (ao final do desfile das Irmandades Parroquiais dá Terra de Soneira) • Praza do Concello • Resta menos dun mes para o Asalto ao Castelo de Vimianzo e, se xa se coñecía o menú de actuacións, tamén se coñece agora quen dará o pregón. Será vimiancesa, por suposto, e xornalista: a nova Alba Mancebo, quen vén de obter o Premio Prix Circom ao Novo Talento en Pantalla (Young Talent on Screen). Mancebo leva moito tempo ligada á organización da festa, pero tamén gozando dela, co que é unha das súas mellores embaixadoras. Para escoitar as súas palabras, non hai máis que achegarse o propio día da festa, 6 de xullo, ás 20.00 horas.