Última hora
Sánchez suspende a súa axenda para reflexionar se renuncia á Presidencia tras a denuncia contra a súa esposa

O alcalde máis novo da comarca, con 32 anos, promete «traballar arreo» para Muxía

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA

26M As novas corporacións | Iago Toba tomou onte a substitución de Félix Porto con ganas e ilusión

16 jun 2019 . Actualizado ás 11:23 h.

Santiago Manuel (Iago, xa para todo o mundo) Toba Campaña é desde onte o alcalde máis novo da zona, e dos que máis de Galicia, cos seus 32 anos desde abril. Onte estreouse no cargo tras catro anos de concelleiro, e recibiu o bastón de mando de mans do seu antecesor, Félix Porto, a quen tivo moi presente no seu discurso, «un amigo e un referente», recollendo algunhas das súas palabras en canto ao modo de traballar polos veciños. «Non hai maior orgullo que ser alcalde do pobo dun», dixo. E prometeu «traballar arreo, con ganas, por Muxía e polos veciños», e salientou dúas cousas das que non se vai desprender: «Humildade e honradez». Engadiu: «Conto cos mellores concelleiros para facer un goberno competente e á altura das circunstancias». O PSOE ten 7 de 11 edís.

Tamén anunciou que será dialogante coa oposición, aínda que mantendo firmeza nas decisións do goberno local. Chega a un Concello que ten 3,1 millóns de euros de remanente, segundo explicouse no acto de arqueo. Como acto simbólico (ou non tanto), Porto entregou a chave do consistorio á secretaria, que agora pasará a mans do seu sucesor.