Premio Agader para a Fundación Eduardo Pondal

La Voz

CARBALLO

Ceremonia de entrega de los premios Bos e Xenerosos 2019, otorgados por la Fundación Pondal en el marco del programa cultural Festiletras
Cerimonia de entrega dos premios Bos e Xenerosos 2019, outorgados pola Fundación Pondal no marco do programa cultural Festiletras BASILIO BELLO

A Axencia de Desenvolvemento Rural vén de recoñecer a a entidade pontecesana polo desenvolvemento de «programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial»

05 jun 2019 . Actualizado ás 20:34 h.

A Fundación Eduardo Pondal, con sede no Couto (Ponteceso) é un das oito galardoadas na décima edición dos Premios Agader, que recoñecen os proxectos que contribúan a dinamizar o rural e que, ademais de crear emprego, supoñan unha fonte de riqueza para a súa contorna.

Á entidade pontecesana recoñeceulla na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial do medio rural, «pola promoción da cultura a través da figura de Eduardo Pondal, co desenvolvemento de programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial».

O conselleiro de Medio Rural, José González, foi o primeiro en felicitar aos oito gañadores desta edición, que recibirán cada un deles un premio en metálico de 10.000 euros, que deberán investir na iniciativa gañadora para realizar melloras, apostar pola conservación ou executar actuacións complementarias. José González destacou a elevada cantidade de proxectos presentados a este certame, o que demostra, segundo el, que o rural galego ten un gran futuro grazas ao seu gran potencial.

No resto de categorías gañaron: a Granxa Escola Musical de Tomiño, a Asociación Carabelo de Lalín, o GDR Ribeira Sacra Courel, Polyesteres Bidasoa de Marín, a SAT A Pementeira de Padrón, Gráficas Salnés de Cambados e a sociedade cooperativa Amarelante, de Manzaneda.

Os premios entregaranse o próximo 21 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.