O Bergantiños fretará un autobús para apoiar ao equipo no «play-off»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Enfrontarase ao Covadonga de Oviedo este domingo no partido da ida

22 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«Á terceira vai a vencida», di o refrán. No Bergantiños prefiren pensar en facer un bo partido xa na ida da fase de ascenso a Segunda B para dar o primeiro paso na loita polo ansiado soño futbolístico de Carballo. É por iso que o club fretará o vindeiro domingo, día 26, un autobús para levantar ao equipo ao asalto do Álvarez Rabanal, campo do Covadonga, en Oviedo (Asturias). Será a ida da primeira eliminatoria.

O autocar sairá ás 7 da mañá desde a capital de Bergantiños e estará de volta entre as cinco e as seis da tarde (o choque é ás 12.00 horas). A forma de inscribirse é chamando ao teléfono 981.703.555 ou enviando unha mensaxe ao seguinte correo electrónico: efluiscalvosanz\gmail.com. Desde o club rojillo informan de que cando saiban a cantidade de persoas que viaxarán, farán a reserva das entradas, que custan doce euros para os adultos e, cinco, para os sub-21.