O po da palla

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

15 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Uns por exceso e outros por defecto. Hai exemplos na Costa da Morte de hórreos que acabaron en chalés urbanos ou como lajas de beirarrúas ou, mesmo, na fachada dunha igrexa, como a de Canduas. A burocracia leva casos como o de Carballo, onde todos os cabazos acabaron protexidos no PXOM, aínda que só sexan un sucedáneo construtivo de ladrillos con tellado. As obrigacións legais levadas ao extremo obriga agora a unha necesaria e engorrosa reforma do plan xeral para separar o po da palla. É indubidable que os hórreos deben estar protexidos, pero os hórreos, non os remedos.