Concentración sindical na Coruña, en apoio ao traballador Ramos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Consideran que o seu despedido das centrais de Ferroatlántica foi unha medida desproporcionada

15 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A CIG-Industria ten convocada para hoxe, ás 11.00 horas, diante dos xulgados coruñeses (rúa Monforte) unha concentración. Coincide coa celebración do xuízo polo despedimento dun compañeiro, traballador das centrais hidroeléctricas de Ferroatlántica. Consideran que a medida, por un comentario nunha rede social, foi «absolutamente desproporcionada e inxustificada». Na imaxe, unha concentración anterior en Cee.