As visitas imprescindibles para estes días na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Guiadas, teatralizadas... os museos llas ingenian para atraer aínda máis visitantes

19 abr 2019 . Actualizado ás 19:39 h.

Hai museos na comarca que, máis aló de abrir as súas portas, programaron actos especiais para estes días. Tome nota das citas:

José Vidal en Laxe (imaxe superior)

Hoxe e mañá • 12.00 • Museo do Mar • O fotógrafo José Vidal recobra «vida» encarnado polo actor Pepe Penabade, ofrecendo unha visita teatralizada ao redor da vida e obra do artista. Empezaron onte estes percorridos e seguirán tanto hoxe como mañá, ás 12.00, no Museo do Mar.

Expo Cabana en Neaño

Hoxe e mañá • De 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 • Centro social de Neaño • Baixo o paraugas do colectivo Androx están estes días en Neaño unha serie de artistas, que conducen obradoiros e crean obras en directo. Se acode a Cabana, non deixe de visitar o dolmen de Dombate: hai percorridos guiados de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, cada 30 minutos. Acceso libre entre as 09.00 e as 21.00, gratuíto.

Visitas guiadas en Buño

Hoxe e mañá • 12.00 horas • Saída do Ecomuseo Forno do Forte • Buño, en Malpica, é o paradigma da vida oleira. O Ecomuseo Forno do Forte abre de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, pero para hoxe e mañá deseñáronse ademais rutas guiadas polo pobo: fornos, tradicións, igrexa, cruceiro... Non hai máis que achegarse ás 12.00 horas.

Teatralización no Allo

Hoxe e mañá • 19.00 horas • Torres do Allo • As Torres do Allo (Zas), o pazo máis antigo de Galicia, abren de 11.00 a 20.00 horas, con posibilidade de visita guiada ás 13.00 e 17.00. No entanto, hoxe e mañá haberaas así mesmo teatralizadas, a cargo dos Quinquilláns: 19.00 horas. Todas as propostas son gratuítas.

Historia viva en Vimianzo

Hoxe, mañá e domingo • Pode visitar por libre os Batáns do Mosquetín de 10.30 a 20.00. Tamén de forma guiada ás 11.00, 13.00, 16.00 e 18.00. Ao castro dás Barreiras haberá de acudir mañá, ás 18.00, con Tito Concheiro. No castelo, ao que se accede libremente de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas, haberá así mesmo visitas guiadas ás 12.00 e 19.00 e teatralizadas ás 13.00 e 17.00.