Nove partidos de suspensión para catro xogadores do Porteño

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Jorge Parri

Outros do Castrelo e do Camelle tampouco se libraron do castigo imposto polo Comité de Disciplina e Competición

16 feb 2019 . Actualizado ás 19:25 h.

A vixésima xornada no grupo Á conta de Terceira Autonómica foi movida. E o Comité de Competición e Disciplina non se cortou un pelo coas sancións. No partido que enfrontou ao Porteño contra o Outes na Grisa (4-3) houbo catro expulsados de forma directa. Un deles foi Jose M. Caamaño, no minuto 58, ao que desde a Real Federación Galega de Fútbol acordaron imporlle un partido de suspensión por «insultar, ofender, ameazar ou provocar a outro» e, un segundo, por «condutas contrarias á boa orde deportiva, cualificadas como leves, por realizar perdas de tempo tras ser expulsado». Tamén no minuto 58 viu o cartón vermello Roi Carril, que é o xogador que se enfronta a unha sanción maior: catro partidos de suspensión por «agredir a outro, sen causar lesión, estando o xogo detido ou a distancia tal que resulte imposible intervir nun lance de aquel» e, un máis, debido a «realizar perdas de tempo tras ter sido expulsado».

Un minuto máis tarde, no 59, o colexiado botou fóra do terreo de xogo a Manuel Canosa. Para el, o Comité decretou un partido de suspensión polo mesmo motivo que os tres anteriores, o de «realizar perdas de tempo tras ter sido expulsado» e, un a maiores, por «producirse de xeito violento, con ocasión do xogo ou como consecuencia directa dalgún lance do mesmo, sen consecuencias danosas ou lesivas». O último en ver a cartolina de cor encarnada foi o míster, Sergio Varela, que cumprirá un partido de suspensión por «protestar reiterada e/ou ostensiblemente ao árbitro».

Por leste mesmo motivo, foi expulsado de forma directa o técnico do Castrelo, Jose Antelo, que tamén cumprirá un partido de suspensión. O xogador do Camelle, Jose M. Méndez, viu o cartón vermello por «dirixirse aos árbitros con actitudes de desconsideración, ou dirixir ameazas a estes».