Agro, mesa e festa: ¡encontros ao redor das asociacións e a gastronomía!

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MONICA IRAGO

As comisións de Cesullas ou A Trabe teñen previstas citas para esta noite. Tamén as Mulleres Rurais de Sofán. Aínda hai máis, como a charla-degustación de Mexillón de Galicia en Laxe ou a pulpada de Raio do Sol

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Do mesmo xeito que o pasado sábado, coinciden varias citas relacionadas con comisións de festas, pero hai outras propostas de encontros en torno ao agro, a gastronomía e a festa:

Gran cocido: Cesullas

Hoxe • 21.30 horas • A comisión de festas do Carmen de Cesullas ten organizado para esta noite, na Casa de Vela de Canduas (Cabana), un gran cocido. Tratan de recadar fondos para a celebración. Un dúo musical animará a velada.

Mexillón en Laxe

Hoxe • 12.00 horas • Segue o Inverno Gastronómico e Enolóxico de Laxe. No Museo do Mar intervirá hoxe Gabriela André Rivera, responsable de promoción e mercadotecnia do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Será unha charla-degustación, en tanto que María Belén Trigo Osinde, do Ben Sábeme, elaborará un par de receitas.

Fruticultura en Fonteboa

Hoxe • 10.00 horas • Conclúen as Xornadas de Fruticultura na EFA Fonteboa de Coristanco, Hoxe haberá prácticas en kiwi ou manzanos, durante toda a mañá.

Baile na Teyma

Hoxe • 00.00 horas • A comisión de festa da Pilarica da Trabe, en Ponteceso, organizou para hoxe unha noite de festa e baile na discoteca Teyma. Das 00.00 en diante actúan o grupo Nova Forza e o DJ Anthony. Entrada: 5 euros. O obxectivo é recadar fondos para a celebración.

Pulpada en Raio de Sol

Hoxe • 20.00 horas • O bar Raio de Sol, situado en Coiro (A Laracha), ofrecerá esta tarde aos seus clientes unha gran pulpada. Contarán para iso coa pericia dun profesional do Carballiño. Non hai máis que achegarse desde as 20.00 en diante, con racións a 10 euros.

Mulleres Rurais de Sofán

Hoxe • 22.00 horas • A asociación de Mulleres Rurais de Sofán reunirase hoxe ao redor dunha cea no mesón A Taberna, de Montemaior (A Laracha). Ameniza o dúo Arcanxo. Consultar se quedan prazas: 25 euros.