O raposo faise necesario como vector limitador da enfermidade de Lyme

C. Viu / Jamardo CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un estudo holandés sinala que a máis depredadores de ratos, menos infeccións

13 feb 2019 . Actualizado ás 16:08 h.

Na guerra polo raposo vermello non só están os cazadores e os animalistas. Os científicos entraron na batalla a través dun estudo holandés exposto nun vídeo da canle De re naturae, no que se poden ver imaxes dos cánidos e comentarios do veterinario corcubionés Francisco Lema Fuentes , que mostra varios exemplares de raposo vermello en Corcubión.

O informe pon de manifesto o papel que xoga este depredador na limitación da enfermidade de Lyme, que se contrae mediante a picadura dunha garrapata e que teñen graves consecuencias para o ser humano. A súa incidencia hase incrementado notablemente en España, sobre todo na zona norte. Un dos motivos pode ser o aumento da afección a saír ao campo, para practicar deporte, sendeirismo, recoller cogomelos ou simplemente pasear.

O raposo é un gran depredador de pequenos roedores, que son os primeiros hóspedes das garrapatas (de pequeñísimo tamaño) infectadas pola bacteria borrelia burgdorferi. O seu papel, xunto co busardo ratonero e a lechuza común, é o control dos ratos, o que elimina moitas posibilidades de ser picado por un insecto coa bacteria e, xa que logo, contraer unha enfermidade que se deu a coñecer polas persoas famosas que a contraeron.

Máis da metade dos que foron picados nin se deron conta e os síntomas máis graves preséntanse meses ou anos despois, o que dificulta o diagnóstico.

Para o veterinario e naturalista corcubionés, os depredadores como o raposo xogan un papel fundamental como selectores naturais de poboacións.

«Esta xente non sabe o que é o mundo rural»

Os montes de Carnota e Muros foron escenario fai unhas dúas semanas dun conflito de intereses entre animalistas e cazadores. Disputouse o campionato galego de caza do raposo e os defensores dos animais acudiron á zona para intentar evitar o torneo e a morte do animal. Houbo tensión e tamén insultos, pero non pasou a maiores. Arancha Rubio , unha das críticas que acudiron ao lugar para mostrar o seu rexeitamento a esta actividade, sinalou que tiveron problemas para realizar a súa protesta, pois había un despregamento importante por parte das forzas da orde que «impedía o paso por algúns camiños».

Un dos obxectivos da protesta era intentar reducir a matanza do raposo e, segundo explicou, «creo que o conseguimos».Coa súa presenza nos montes de Carnota e Muros o que intentaban era estar en contra da caza, de que se maten animais e tamén de que se restrinxan zonas nos montes que son de todos e polas que non se pode andar cando están a cazar. Arancha Rubio insistiu en que non entende o motivo deste tipo de cacerías cando non hai datos estatísticos nin informes de biólogos e veterinarios que digan que hai superpoblación desta especie.

Moitos problemas

O presidente da asociación de cazadores de Carnota, Miguel Cambeiro Blanco , foi moi crítico coa presenza dos animalistas durante a xornada do campionato galego de caza que tivo lugar na zona o pasado 26 de xaneiro. «Tivemos bastantes problemas con eles para poder celebrar o campionato con normalidade». O portavoz do colectivo carnotán indicou que os que acudiron a protestar e que se opoñen a estas actividades «non saben o que é o mundo rural e creo que tampouco saben moi ben o que queren».

Miguel Cambeiro explicou que a poboación de raposo ten que estar controlada pois se hai moitas pezas poden facer dano. «A min o lobo non me fai dano pero hai xente á que llo fai e por iso débese controlar o número de exemplares nos montes».

O presidente da entidade cinexética fixo un balance da xornada do día 27 e destacou que dunha superficie de 10.000 hectáreas de terreo tan só se abatesen once, polo que «non entendo a postura desta xente nin tampouco as súas protestas contra esta actividade».

Sen rabia selvática e sen control da poboación de cánidos

Un dos perigos do raposo é que é transmisor da rabia selvática, polo que se fai necesario controlar o número de animais por quilómetro. En España non existe esa enfermidade, que si se mantén na Europa do Leste, polo que non existe ningún número máximo de raposos que haxa que ter en conta para preservar a saúde humana.

Tamén poden transmitir a sarna, do mesmo xeito que outros moitos animais domésticos e salvaxes que cos que a poboación da comarca convive a diario. Con todo, trátase dunha doenza dermatológica que ten un sinxelo tratamento e que é máis doado contraer dunha mascota que dun raposo silvestre.

Por contra, máis do 75 % da dieta do raposo constitúena ratos, importantes vectores de distintas enfermidades, e lebres, o que podería resultar pouco conveniente para as repoboacións por parte dos cazadores.

O último estudo publicado en Galicia data de fai dez anos

Segundo a lei de caza, todos os tecores deberían ter un plan reitor, con estudos técnicos, sobre a poboación cinexética que hai na súa zona, o que permitiría saber se hai exceso e decidir cantos exemplares de cada se poden matar. As repoboacións permiten facerse unha idea, pero no caso do raposo non se sabe de certo cantos hai.

O último é do 2009 e foi editado pola Federación Galega de Caza e realizado por Universidade de Santiago e a Xunta. Podíase en evidencia entón que non hai forma de saber cal é a poboación. Iso si, todo o mundo coincide en que en Galicia non hai despoboamento.

O aproveitamento cinexético e peletero parecen ser, segundo, o informe de hai 10 anos, os únicos valores do raposo, que tampouco causan grandes problemas ás actividades agropecuarias. A caza está autorizada pola Xunta de Galicia,