O que trae a axenda de cara á xornada de hoxe, martes

A ter en conta: en Cabana está aberto o prazo, desde onte, para anotarse nun novo curso de cestería para maiores


Avanzamos na semana coa seguinte axenda:

Contacontos infantil: Zas • A compañía teatral Trinke Trinke segue coa súa particular xira de actuacións polo municipio de Zas. Nesta ocasión, as súas Ratos de Lonxedetodo presentan Unha praia particular aos nenos do concello na biblioteca de Zas (18.00). Organizado polo Concello, a entrada ao espectáculo é libre e gratuíta. Leste mesmo contacontos poderá verse en Baio o próximo día 26.

Curso de cestería: Cabana • Desde onte está aberto o prazo de inscrición para o curso de cestería para maiores que organiza o departamento de Servizos Sociais de Cabana. Celebrarase a partir do día 22 no Centro de Maiores, todos os venres de 16 a 18 horas. Para apuntarse han de dirixirse ao departamento de servizos sociais.

San Valentín: Laxe • O tecido comercial de Laxe únese unha vez máis de cara á campaña de San Valentín. Máis dunha vintena de establecementos reparten estes días entre os seus clientes participacións para o sorteo de cinco ceas románticas para dúas persoas, cada unha delas, a gozar o sábado 23 de febreiro no local de Laxe que elixan os gañadores. O sorteo realizarase este venres, día 15, ás 12.00.

Educación sensorial: Carballo • Actividade de estimulación sensorial para bebés de cero a tres anos, na ludoteca municipal de Carballo. Será con Espazo Oikos, ás seis da tarde. É necesario reservar entrada, aínda que é gratis.

Charla sobre cancro: Fisterra • Nova charla-coloquio sobre o cancro, nesta ocasión no salón de actos do Concello de Fisterra. Participarán, como relatores, o doutor Manuel Ramos (director do Oncolóxico), Alfonso Mariño (director médico do mesmo centro) e Ana González (oncóloga). Será ás 19.00.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

O que trae a axenda de cara á xornada de hoxe, martes