Un tiro no pé

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Meirama e Ferroatlántica están no ollo do furacán da perda de empregos na industria. A súa situación causará un forte impacto na zona. A deterioración laboral no sector industrial é unha forte ameaza para a comarca, que xa sofre un despoboamento severo. E todo iso se agrava aínda máis coa ausencia dos intereses dos traballadores da zona na negociación do ERTE de Ferroatlántica. Un tiro no pé sindical en toda regra.