A coral Costa da Morte conquistou a Vigo e ao seu alcalde

La Voz

CARBALLO

Tomaron parte no 13.º Festival de Habaneiras e Polifonía celebrado no auditorio Mar de Vigo

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Roma, Portugal ou Ourense xa coñecen o talento da Coral Polifónica Costa da Morte. Demándana tamén desde Ferrol, Pontevedra ou Asturias, tal e como relata o seu secretario, José Marcelino Lema, pero polo de súpeto tocoulles, este pasado domingo, viaxar ata Vigo. Alí, invitados pola agrupación San Mamede, de Zamáns, tomaron parte no 13.º Festival de Habaneiras e Polifonía celebrado no auditorio Mar de Vigo. «Que dúbida cabe de que esta actividade non sería posible sen a colaboración da Deputación da Coruña, que colabora estreitamente connosco», relataba Lema horas antes do concerto, ao que levaron cancións mariñeiras, habaneiras e algún que outro clásico.

quedaron satisfeitos do feito, e do cariño recibido, tamén por parte do alcalde vigués, Abel Caballero. Non só lles dedicou boas palabras no auditorio, senón que non dubidou en subirse despois ao bus no que viaxou desde Cee a coral para despedila, felicitala de novo e fotografarse con ela.