O Carballo Trail Race pechou inscricións con máis de 300 deportistas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Celebrarase o vindeiro domingo con saída na praia de Razo

30 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Carballo Trail Race, proba oficial da Federación Galega de Atletismo por pistas e camiños non asfaltados na súa gran parte, viu a luz o pasado ano cun éxito tan grande que, o Concello, organizador da cita, decidiu ampliar a cifra de inscritos en cen prazas. E das 400 ofertadas, cubríronse case todas. Onte pecháronse as inscricións, xa que a carreira, con opción curta e longa, celebrarase o vindeiro domingo con saída na praia de Razo ás 9.30 horas.