Presentación de «Muxía, camiñando cara ó mar» na Casa de Galicia de Madrid

La Voz

CARBALLO

José Manuel Casal

Será este próximo xoves, ás 18.00 horas, e dentro do programa de Fitur

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Casa de Galicia en Madrid, delegación da Xunta nesa comunidade, acollerá este próximo xoves, ás 18.00 horas, o acto de presentación do proxecto «Muxía, camiñando cara ó mar». Alí estará o alcalde, Félix Porto, pero tamén o presidente de Muxía Turismo Rural, Manuel Jesús Lema, e o responsable do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco Canabal, ademais do deputado García Mira, entre outros.