A Deputación axuda con ata 33.800 euros a limpar as praias

La Voz CEE / LA VOZ

CARBALLO

As subvencións para limpar os areais, para contratar brigadas por un máximo de tres meses, oscilan entre os 6. 768 e o 33.840 euros

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación dá a Coruña acaba de aprobar a súa liña de axudas para a limpeza de praias do ano que vén, que se suma así á da contratación de socorristas do pasado día 14, e eleva ata 1,2 millóns de euros o diñeiro investido polo goberno provincial nesta atención a praias e piscinas, que supón, ademais unha importante fonte de creación de postos de traballo.

As subvencións para limpar os areais, para contratar brigadas por un máximo de tres meses, oscilan entre os 6. 768 e o 33.840 euros, dependendo de criterios como os metros cadrados de praias que ten cada municipio.