O Calvo Lubiáns asinou a maior goleada da liga contra o Traviesas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Hockey | Vai segundo, a tres xornadas para o final da competición

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras caer pola mínima o pasado o pasado xoves contra un rival directo, o Compaña María A (2-1), o Calvo Lubiáns da liga autonómica volveu á senda do triunfo o sábado coa maior goleada da campaña contra o segundo pola cola, o Traviesas (2-15). Marcos Martínez anotou 6 tantos, mentres que Diego Vieites, 4, Manuel Ruibal, 3, e Fabián Suárez, 2. Con esta vitoria, os de Cholo regresaron á segunda praza a falta de tres xornadas para o fin da competición. Están en posición de disputar a OK Bronce.