Marcos Rodríguez, nomeado aos Premios Goya de fotografía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Marcos Míguez

Concorre nas categorías de Libre Creación e Gráfico-Documental

19 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, fincado en Cee, segue sumando recoñecementos. Nas últimas xornadas coñeceuse o seu nomeamento para a edición número 18 dos Premios Goya de Fotografía e Vídeo Dixital. Concorre en dúas categorías, Libre creación e Gráfico-Documental. A gala final celebrarase no Centro de Historias de Zaragoza o sábado 2 de febreiro, ás 18.30 horas.