Novo material de urxencias entregado pola Xunta a concellos da comarca

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MONCHO FONTES

Corcubión, Vimianzo, Ponteceso e Cerceda reciben desde todo terreos a remolques ou motos acuáticas

17 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega onte de diverso material de urxencias a 18 concellos da provincia, algúns delas da comarca. Así, a Vimianzo chegará un todo terreo pick-up, a Corcubión un remolque e a Ponteceso unha moto acuática. Para Cerceda, así mesmo un todo terreo. Trátase, indican, dun proxecto para dar mellor resposta ás urxencias desde Protección Civil e GES, no que xa se investiron dez millóns.

MONCHO FONTES