Conta atrás para a novena edición do Camiño dous Faros

La Voz

CARBALLO

ANA GARCÍA

A inscrición poderase facer desde o 5 de febreiro, comezando despois as etapas na primavera

09 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Inscricións desde o 5 de febreiro • A novena edición do Camiño dous Faros, a ruta de sendeirismo que, sen deixar nunca de ver o mar, comprende 200 quilómetros entre Malpica e Fisterra, xa ten data para a súa novena edición. Os trasnos empezarán a percorrer as oito etapas na primavera, a partir do 17 de marzo. A apertura de inscricións está prevista para o martes 5 de febreiro, segundo detállase na páxina web da iniciativa, onde tamén se especifican outras condicións e o custo.