Intensifican a procura do novo carballés condenado por asasinato que se fuxiu de Teixeiro

A Garda Civil e as policías de Carballo e Arteixo intensifican a procura de Iván Añón Botana

Intensifican a procura do novo condenado por asasinato que se fuxiu de Teixeiro O operativo da Garda Civil e a Policía Local prosegue nas estradas de Carballo.

A Garda Civil e as policías de Carballo e Arteixo intensifican a procura de Iván Añón Botana, o carballés condenado a 27 anos de prisión polo asasinato dun mozo malpicán fai agora dez anos. O reo, que gozaba dun permiso, tería que ter regresado ao cárcere o día 10 de outubro, pero non o fixo.

A orde de busca e captura tramitouse un día despois, aínda que as tarefas de procura, sobre todo en Arteixo e Carballo, intensificáronse nos últimos días cando transcendeu á opinión pública todo o relacionado co quebrantamento. As forzas de seguridade insisten en buscar en Carballo e Arteixo, aínda que a orde se executou a nivel nacional. Os investigadores teñen claro que se escondeu en casa dalgún achegado ou amigo.

Por outra banda, Jorge Vázquez Vila, avogado de Espinosa & Vázquez Vila, despacho que levou no seu día a defensa de Añón Botana, ofreceu un perfil do novo: «Sempre defendeu a súa inocencia, asegurou que non apertara o gatillo, pero sempre se negou a dar o nome do autor do disparo. Nunca foi consciente de ao que se enfrontaba. Estaba seguro de que ía quedar absolto daqueles cargos». Sobre a súa personalidade, Vázquez Vila comentou que era «un mozo educado, moi introvertido e moi tranquilo». E relatou que un achegado se puxo en contacto estes días con el para dicirlle que «Iván tiña un problema persoal que resolver e cando o fixese regresaría a Teixeiro».

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
3 votos
Comentarios

Intensifican a procura do novo carballés condenado por asasinato que se fuxiu de Teixeiro