Sogama prepara un workshop en Vigo para dar a coñecer a economía circular

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

José Manuel Casal

Este acontecemento enmárcase no proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Res2ValHum

19 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sogama prepara para o próximo día 25, xoves, un workshop en Vigo (Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo), para dar a coñecer os pormenores e beneficios da compostaxe, tanto na súa dimensión industrial como doméstica, debullando a súa contribución ao modelo de desenvolvemento definido pola economía circular.

Este acontecemento enmárcase no proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Res2ValHum, cuxo obxectivo é pór en valor a materia orgánica contida nos residuos para evitar a súa vertedura. Está dirixido a técnicos e cargos políticos municipais, universitarios, profesionais do sector dos residuos, así como da agricultura e a xardinería. Acudirán o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino , e diversos especialistas e catedráticos como o exrector Salustiano Mato.