Para cotillas

La Voz

CARBALLO

16 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Mar ou montaña? A montaña véxoa como unha muller bellísima, pero moi eslamiada. O mar fálache.

Un lugar na zona? A vista desde Monte Blanco , coa Barra, o Anllóns... que pasan seis horas e tes un lago. Funme de Tella con 16 anos, teño 71. Puiden viaxar bastante e non atopei outro sitio tan bonito no mundo.

Unha debilidade gastronómica? Vouche dicir comidas que non son gran cousa, moi elementais, pero ao meu encántanme: os callos, a ensaladilla rusa e os churros.

Ve a televisión? Moito. Vexo documentais e teño unha televisión de pagamento. Case todas as noites sobre as dez vexo unha película. Tamén me gusta o fútbol, o Deportivo, desde que nos levaban nos 50 nos Maristas, aínda que nos fai sufrir moitísimo.

Volve en Nadal? A ver. Teño un fillo no Xapón, no norte case na liña con Siberia, e paréceme que van vir. Xa teño unha neta e un neto que se chaman Pet Miura. Fun o primeiro Pet en Cataluña. Agora xa somos 20 e tantos tamén chegamos a Xapón.