OBITUARIO | Luis Ferro, impulsor da Cardioloxía no Chuac

José M. Vázquez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Incorporouse a este centro hospitalario na década dos setenta

13 sep 2018 . Actualizado ás 13:32 h.

Antonte recibimos a triste noticia do falecemento do doutor Luis Ferro González, un dos cardiólogos fundadores do servizo de Cardioloxía do Hospital A Coruña. Ferro formouse como especialista de Cardioloxía no Instituto Nacional de Cardioloxía en Cidade de México, un dos centros máis prestixiosos nesta especialidade. Incorporouse ao persoal do entón Juan Canalejo na década dos setenta.

Foi un dos impulsores da Cardioloxía no Chuac. A súa excelente formación achegou un profesional versátil que puido participar no nacemento e desenvolvemento de técnicas e procesos asistenciais que actualmente constitúen alicerces de actividade e prestixio.

A importancia do doutor Ferro no desenvolvemento da Cardioloxía no noso hospital non é discutible e a maioría dos cardiólogos que fomos os seus compañeiros lembrarémoslle como un mestre.

Non é posible desligar a súa imaxe do recordo dunha conversación culta, agradable e simpática, ou das frecuentes preguntas que facía para estimular a curiosidade nos mozos. Baixo unha capa de seriedade e formalidade distante escondíase un espírito cariñoso e un home apaixonado coa súa familia.