Darío Calviño e Kobas dominaron un autocrós alemán en carcross

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA

Na final, Ramilo logrou a vitoria, seguido por Calviño

30 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os pilotos do equipo Yacar Racing desprazáronse a pasada fin de semana ao circuíto alemán de Albbruck para participar no Autocrós das Tres Nacións na modalidade de carcross. Nos adestramentos, o cercedense Darío Calviño conseguiu o mellor tempo e o larachés Javier Ramilo o segundo. Nas mangas clasificatorias do sábado, Calviño quedou duodécimo e Kobas primeiro, mentres que nas do domingo, o cercedense remontou ao quinto lugar e Kobas baixou ao segundo. Na final, Ramilo logrou a vitoria, seguido por Calviño.