O Mercado Medieval deste ano, un dos máis «fortes», segundo a organización da cita

La Voz

CARBALLO

Aínda sen tempo para asimilar os éxitos deste ano, os organizadores xa comezaron a preparar a próxima edición

01 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sen apenas tempo para saborear os éxitos deste ano, a asociación organizadora do Mercado Medieval xa tivo a súa primeira reunión para comezar a planear a cita do ano que vén. Pero tamén para valorar esta pasada edición, que aseguran foi unha das «máis fortes» dos últimos anos, e mesmo de toda a historia da celebración.

Sinalan como claves do éxito a contratación dunha nova empresa xestora do Mercado, Rivendel, así como o gran escaparate que supuxo a volta do desembarco, recreado tanto por actores profesionais como por veciños da propia localidade e arredores.

Agradecen, ademais, o apoio que recibiron por parte do comercio local, dos empresarios da zona e tamén das institucións públicas, «que coa súa colaboración fan posible o desenvolvemento deste evento, que é xa unha referencia na nosa comunidade autónoma», explican.